Durante a semana do libro visitamos a biblioteca para ver a exposición de contos feitos polos nenos e nenas do cole, e tamén, como non, o noso. Vimos con moita curiosidade contos con forma de cabaza, de castaña, contos pequenos, grandes, contos con papeis brillantes, contos sobre Perú, Italia, ... E despois contamos o noso conto de Perú aos outros nenos e nenas de 3 anos. Días antes invitámolos e aceptaron encantados. E nos tamén. Pasámolo moi ben.
Aquí tedes algunhas fotos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario