BLOG DE 5 ANOS-A . COUSAS DE NENOS E MAIORES , COUSAS DE MAIORES E NENOS. UN ESPAZO ABERTO PARA QUE TODOS POIDADES VER AS COUSAS TAN DIVERTIDAS QUE FACEMOS NO COLE , DENDE QUE LLE DADES O ALMORZO , ATA QUE VOLVEN Ó MEDIODÍA CO XERSEI MANCHADO DE ACTIMEL
miércoles, 2 de febrero de 2011
CELEBRACIÓN DA PAZ
O venres celebramos o DÍA DA PAZ.
Aínda que xa sabemos que a paz ten que celebrarse todos os días, gústanos facerlle un homenaxe para recordar o importante que é.
Os días previos fixemos uns antifaces de pombas que quedaron moi bonitos decorados con algodón. Ese día saímos ao patio con eles postos.
Entre todos os nenos e nenas do colexio decoramos a ÁRBORE DA PAZ cunhas cintas de cores nas que escribimos a nosa mensaxe de paz.
A mensaxe elexida na nosa clase foi a de Valeria, por eso ela saíu a dicila no micro para a que poidesen escoitar todos e todas : "Somos os mellores amigos do mundo".
As cintas foron colgadas da árbore, quedando precioso.
Aínda podedes pasar polo cole e velo.
Tamén cantamos unha canción moi bonita entre todos, foi moi emocionante ver as nosas mans collidas.



No hay comentarios:
Publicar un comentario