BLOG DE 5 ANOS-A
. COUSAS DE NENOS E MAIORES , COUSAS DE MAIORES E NENOS.
UN ESPAZO ABERTO PARA QUE TODOS POIDADES VER AS COUSAS TAN DIVERTIDAS QUE FACEMOS NO COLE , DENDE QUE LLE DADES O ALMORZO , ATA QUE VOLVEN Ó MEDIODÍA CO XERSEI MANCHADO DE ACTIMEL
martes, 21 de diciembre de 2010
NORABOA, FAMILIA!
Por tercer ano consecutivo propoñémosvos que traballedes sobre un debuxo de Nadal, que logo utilizamos para decorar o cole. E dende logo teño que felicitarvos pois cada vez logrades sorprendernos máis. Cantas ideas se vos ocorren!! O profe Emilio que non viu os de outros anos quedou gratamente sorprendido polas vosas ideas, os materiais utilizados e polo ben que o fixéchedes. Grazas a todos e todas pola vosa participación e polas vosas ganas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario