domingo, 28 de noviembre de 2010

O MURAL DO OUTONO

Xa a piques de comenzar co mural do Nadal, esquecemos compartir con vos o que fixemos polo OUTONO. Dedicamos tempo e moitas ganas, así que aquí estamos nós pintando este bonito mural.

domingo, 21 de noviembre de 2010

OUTRO CUMPLE!!

Esta semana tamén celebramos outro cumple, aínda que non se trataba do 5º. Algún máis sí que cumplía.
Non quería contalo, pero como somos tan listos e sabemos gardar tan ben os segredos, organizamos unha pequena sorpresa para unha persoa moi especial.....a profe PEPA.
Preparamos un pequeno libriño cos debuxos que fixemos especialmente para ela, debuxándoa e escribíndolle cada un un pequeno mensaxe : as felicidades, bicos, corazóns, arcos da vella, regalos, globos... e un montón de cousas máis.


Esperamos que che gustase moito.

ALEX E O SEU 5º ANIVERSARIO


Levaba días lembrándonos o pouquiño que faltaba para o seu cumple, pero chegado o día estivo bastante serio aínda que sabemos que o pasou de maravilla.
Chegou todo guapo cun peinado chulísimo e un xersei de rombos disposto a celebrar o seu cumple ao grande.
Repartiu os vasos para o zume, as galletas e un biscoito(maravilloso)que fixo coa axuda de mami. E para levar a casa, gusaniños.
Foi un día especial... e me consta que durou ata as 8 ou máis.





Felicidades, Alejandro!

lunes, 15 de noviembre de 2010

AS LETRAS

FELICIDADES, VERA!



Unha das poucas que faltaba por cumplir os 5 anos!.
Vera quixo celebar o seu cumple con todos nós traendo á clase un biscoito riquísimo que apenas poideron probar Emilio máis a profe, pois foi devorado tan rápidamente que apenas o poidemos ver (temos que preguntar pola súa procedencia pois foi todo un éxito).Acompañámolo por uns zumes e un paquetiño de chuches para levar para a casa.Cantamos, bailamos e quixemos facer unha foto todos xuntos. Vera pasouno moi ben e nós tamén.




Felicidades, Vera!


miércoles, 10 de noviembre de 2010

PARA O RECORDO...

Un día tan divertido coma o do Magosto tiña que ser recordado, e nós decidimos facelo cuns debuxos moi bonitos. Así podedes ver, papis, o ben que debuxamos.

domingo, 7 de noviembre de 2010

POR FIN, O MAGOSTO

O xoves foi a gran día. Despois de esperar casi unha semana, estabamos máis que preparados.
Para a ocasión preparamos uns vasiños para poder levar ao patio as nosas castañas, aínda que menos da metade non as trouxeron ese día, quizáis porque xa era a segunda vez que se pedían. Aínda así, os que as trouxeron repartiron cos demáis e así poder dar uso os nosos vasiños que con tanta dedicación preparamos.


Primeiro os pintamos, cada un elexiu a cor do outono que máis lle gustaba.


Segundo, pegamos con cola as castañas que previamente coloreamos e recortamos.


Terceiro, puxemoslle unha la para colgalo do pescozo. E este foi o resultado, bonitos,verdade?

Despois ao patio a comer as castañas e a xogar. Aínda que non tiñamos fogueira, pasámolo moi ben e pintamos a cara. Foi un día agotador pero moi divertido. Agora a celebralo tamén na casa.

ESTO SÍ QUE DA MEDO!!

Aproveitando a nosa cabaza e outra que trouxo Hugo moi bonita, decidimos ler un conto na nosa "hora de ler" de despois do recreo. Para facelo ben,ben, prendimos as candeas da cabaza.
O conto daba pouco medo, pero o que realmente nos tivo coa boca aberta foi a nosa cabaza na escuridade.



martes, 2 de noviembre de 2010

OS NOSOS MONSTRUOS

Lembrades a exposición de "QUE CHE DA MEDO" do ano pasado? pois este ano, dende a biblioteca, o título era: "CREO O MEU MONSTRUO".
Cada un de nós puxo a súa cabeciña a pensar e discurriu o monstruo máis terrorífico do mundo, e o resultado foron estes debuxos tan orixinais. Abundan os de varias cabezas, os feitos con partes de distintas cousas, os medio cabazas,... pero dende logo, todos dan moito medo.


lunes, 1 de noviembre de 2010

MAGOSTO CANCELADO

Tiñamos tanta ilusión por celebrar o MAGOSTO... pero a chuvia non deixou sair ao patio nin un minuto. Foi unha pena. Pero xa estamos preparados para facelo o próximo xoves. De todas formas como as castañas estaban nas nosas mochilas non ibamos a deixar de comelas pola chuvia, así que á nosa maneira fixemos un pequeno magosto na clase.









O SAMAÍN

Aínda que O SAMAÍN non é unha festa que na clase celebremos moito, non queremos que pase sen falar dela e facer algún traballiño relacionado con ela.
Este ano non houbo exposición de cabazas no cole, pero nós tivemos unha moi chula na clase.


Esta cabaza-pirata foi feita por Emilio e gustounos un montón.
Tamén él trouxo unhas caretas de medo que quixemos pintar para dar medo aos nosos pais ó sair. Estabamos así de guapos.





E estos traballos tan bonitos son os que fixemos coa teacher Merche na clase de Inglés


EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA


Este ano pola "SEMANA DAS BIBLIOTECAS" propuxéronnos participar na exposición cun traballo titulado: Cómo sería a nosa biblioteca imaxinaria.
Como é un traballo un pouco complicado para nós, decidimos falar da exposición na mesma biblioteca, a ver se nos inspiraba un pouco.
A experiencia foi incrible pois xurdiron ideas de todo tipo, cousas que mesmo a nós, os maiores, non se nos ocurriran.
Aquí podedes ver algunhas ideas, pero falando saíron moitas máis.
Os traballos quedaron preciosos e a nosa profe, superorguiosa.

O CUMPLE DE HUGO


E seguimos cumprindo anos.... Esta vez o protagonista é Hugo, que xa cumpriu os 5.
Aquí o vemos rodeado de todos nós, os seus amigos.

Galletas, biscoitos, zumes e, para rematar, chuches. Que máis poderiamos pedir!
Primeiro comimos a nosa merenda e, por enriba, todo o demáis sen deixar nada.

E que estaba todo tan rico...


Felicidades Hugo!