skip to main |
skip to sidebar
E remata un curso máis... E para celebralo unha mañá de xogos e merenda.
Ilusión por que comenza a verán e rematan as clases, pero tamén certa tristura pola despedida. Só serán dous meses pero agora parécenos tanto...
Disfrtutade das vacacións, descansade, facede mil cousas divertidas e cargade as pilas para o comenzo do novo curso.
Moitos bicos e felíz verán a todos/as!
E para rematar ben o curso, decidimos pasar un día no parque da Canuda en Salvaterra. Un día para non facer nada máis que xogar e pasalo ben cos nosos compañeiros/as. E o certo é que non atopariamos en ningures un parque mellor e máis grande para poder xogar e correr sen problema de espazo.
Botamos de menos a Alejandro que non puido vir, imaxinamos que está maliño, foi unha pena.
Esta semana acudimos en autobús a Vigo.
A primeira parada foi no teatro en Caixanova, para ver a obra "Me duele el caparazón". Unha obra divertida e tenra á vez, que nos gustou un montón. Posta en escea por dúas chicas axudadas por títeres feitos con materiais de refugallo.
Unha vez rematada collimos, de novo, o bús para ir a merendar a Castrelos. Íbamos xa con moita fame, así que comimos rapidísimamente e despois, a xogar nos columpios.
Entre a calor e que non paramos, chegamos agotados ao cole. Só tiñamos ganas de botarnos á colchoneta a descansar.
Pasámolo moi ben e portámonos igual de ben. Agora a esperar ata a próxima excursión.
Disfrutade coas fotos. E este é o enlace para ver algo máis sobre a compañía e a obra que vimos.
http://www.farresbrothers.com/espectacle.php?lang=2&c=2