miércoles, 30 de septiembre de 2009

QUE BEN PINTAMOS!

Que ganas tiñamos de pintar coa pintura de dedos!. Despois das vacacións, outra vez ó traballo. E coa excusa de que chegou o Outono, empezamos un novo mural, o primeiro do ano. Aínda que non está rematado, xa o quixemos ver colgado, quedounos tan ben...
Como podedes ver,temos outra compañeira nova: ALESSANDRA. Xa somos 25!

lunes, 21 de septiembre de 2009

HOXE CHEGA O OUTONO

O 22 de setembro empeza o outono. E como xa sei que non vos olvidaredes, aquí tedes uns vídeos que espero vos gusten.
Co primeiro podedes ver como cambia a paisaxe ca chegada do outono e froitos desta estación, e escoitar á vez unha música preciosa "El Otoño" de Vivaldi.






Gústanvos Os Pitufos? cando eu era pequena veíaos moitas veces, tiñan unhas voceciñas moi graciosas


domingo, 13 de septiembre de 2009

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Despois de dous meses, xa estamos de volta!. Con moitas ganas de ver aos nosos compañei@s e de aprender moitas cousas novas. Estamos no "cole dos maiores" dispostos a facernos maiores. Por agora seguimos sendo 24, aínda que non somos os mesmos, unha compañeira foise : Iria (que aínda esperamos a súa visita) e temos un novo compañeiro: Cristian (con camiseta azul na primeira foto).
Boa benvida a todos!




miércoles, 2 de septiembre de 2009

 
Posted by Picasa

FOTOS ANTIGAS: O NADAL

Por último, aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos no Nadal.
Gústavos o mural que fixemos?
Na clase cos contos que nos regalou Papá Noel por portarnos tan ben, e as galletiñas que fixo Amalia na súa casa e que quería que probásemos. Estaban boísimas.
No vídeo as fotos ó chegar ó cole cos nosos gorros bermellos e as do festival. Aínda está pendente un vídeo feito polos pais de Amalia da nosa actuación cantando a panxoliña.