jueves, 30 de julio de 2009

FOTOS ANTIGAS: A SEMANA DO ENTROIDO E O DESFILE

Outras fotos que aínda non coñeciades!.
Durante a semana previa o desfile do entroido levamos, cada un dos días, algo para disfrazarnos: algo na cabeza, unha flor,... Para ir preparándonos para o gran día.








O disfraz que fixemos entre as mestras, os pais e nais e nós, foi o de cociñeiro. E estabamos ansiosos por poñelo e ensinarllo os demáis nenos e nenas do cole e as nosas familias, que viñeron a vernos e a facernos moitas fotos.



viernes, 24 de julio de 2009

FOTOS ANTIGAS: O DÍA DA PAZ

Como daquela aínda non tiñamos o blog, non foi posible ver o que fixeramos o día Da Paz, alá polo mes de Xaneiro.
Como podedes ver, primeiro colgamos nas columnas os noso mensaxes de paz, aínda que a algúns de nós costounos un pouco chegar tan arriba.
Xa sentados vimos as actuacións dos maiores e, ó final, cantamos e fixemos a coreografía da canción que tiñamos preparada "No dudaría" de Antonio Flores. Esto foi o mais divertido, aínda que perdiamonos un pouco nos pasos.


viernes, 10 de julio de 2009

ALGÚNS VIDEOS

O último día de clase, algún de nós pedíu cantar unha canción e foi algo contaxioso. Así que fixemos unha especie de mini-operación triunfo. O que quixo saiu ó medio a cantarnos algo. Pasámolo moi ben e aplaudimos con moita ansia a todos/as. Aquí algún exemplo. video
video
video
video
video

video

video

video

video

video

video

martes, 7 de julio de 2009

MAIS SOBRE O ZOO

Esto é o que faltaba sobre o zoo. O mais importante eran os nenos/as pero non podían faltar os animais. Naquel momento non tiña moito tempo pero agora, claro está, teño mais. Así que aí vai o que faltaba.

ATA SETEMBRO

E aquí estamos todas para decirvos : ATA Á VOLTA e FELÍZ VERÁN.