lunes, 29 de junio de 2009

SEN OLVIDAR

Por suposto non nos olvidamos de despedir e dar moitos bicos as nosas compañeiras Eva, Maite e Isa que marchan para outros coles e que imos botar moito de menos.
Esperamos que vos vaia estupendamente e que non olvidedes vir a visitarnos de vez en cuando. Grazas polo ven que o pasamos e o ben que traballamos xuntas.

domingo, 28 de junio de 2009

MOITAS DESPEDIDAS.

E despois da merenda, tocaba a despedida.
Despedímonos primeiro da clase, pois para o ano non voltaremos a ela, despois dos nosos compañeiros e por último da profe, pois pasaremos un tempo sen vernos.
Foi algo bonito, poidemos abrazar os nosos amigos e dicir o ben que o pasamos este ano, o moito que nos gustou a clase, ... cada un o que quixo.
E antes de que viñeran os nosos pais e nais a recollernos, repartimos as carpetas cos nosos traballos.






Fixemos un tren para percorrer xuntos a clase e despedirnos dela parándonos en cada unha das cousas que utilizamos e disfrutamos.


Uns abrazámonos, outros dímonos bicos e os menos efusivos dixémonos algunha cousiña, como ata logo ou vémonos despois das vacacións. Pero ningún quedou coas ganas.

Dispois á profe, que aínda que as fotos non sexan perfectas,foron feitas por nós.




E, por último, os nosos traballos. Contentos porque traballamos un montón e desexando chegar a casa para ensinarllos a todos.



¡FELICES VACACIÓNS A TODOS!



MENUDA FESTA!

Sinto o retraso. As obligacións do cole, as festas de Ourense e un virus que me fixo vomitar como nunca, non me deixaron moito tempo.
Pero aquí estamos, celebrando o final do curso cunha merenda no patio. Comemos, bebemos e xogamos todo o que quixemos. Como podedes ver, uns mais que outros, pero o pasamos de maravilla.

>

martes, 23 de junio de 2009

UNHAS FOTOS MOI ESPECIAIS.

E despois da noticia do nacemento, Hugo trouxo ó cole as fotos prometidas para presentarnos o seu irmán Diego. Falounos un pouco sobre él, que ten que coidalo, que hai que collelo con moito tino,... Ilumínaselle a cara cando fala de él.
E para celebralo trouxo unhas gominolas para invitarnos a todos.
Da gusto celebrar estas cousas.








sábado, 20 de junio de 2009

UNHA DESPEDIDA MÁXICA


Para rematar mellor o curso, unha pouca maxia grazas a este mago que nos divertiu cun montón de trucos.
Pasámolo xenial aínda que o sol brillaba con demasiada forza. O que nos impediu ver a exhibición de ximnasia rítmica e, polo tanto, ver a Valeria actuar. Unha pena.

O MUNDO

Co tema das viaxes colgamos na clase un mapamundi, para poder ver todo o mundo e situarnos nel. Tamén as especies animais mais características e a cantidade de auga que hai ó redor. Amalia falou de Australia e os canguros e puido ver o lonxe que está de nós, Oscar onde viven os elefantes,...

jueves, 18 de junio de 2009

AS NOSAS PRANTIÑAS!

As nosas sementes medraron e medraron, e houbo que prantalas na terra. Pois como aprendimos precisan terra, auga e sol.
Están así de fermosas porque as coidamos moi ben.
Na foto saen misturadas coas doutras clases.





Felicidades á familia de Hugo

Chámase Diego e elexiu as festas do Corpus para vir ó mundo, xa sabe o moito que lle van gustar os cochitos e os inchables.
Alegrámonos moito de que tanto él como a súa nai estén ben.

domingo, 14 de junio de 2009

ACHÉGANSE AS VACACIÓNS

E para por fín a este curso, rematamos falando das viaxes, as vacacións e o verán. E todo o que eso implica: calor, roupa fresquiña, praia, piscina, xeados, aire libre,... Pero tamén o remate do curso, pasaremos moitos días sen vir ó cole, que está moi ben porque non madrugaremos, pasaremos moito tempo na casa, cos nosos pais, os nosos xoguetes pero non conviviremos cos nosos compañeiros, ca nosa profe e botaremos de menos os xogos do cole, os contos, recortar e pegar e outras moitas cousas (esto gústame pensalo a mín, claro).
Divertídevos vendo estos vídeos.

VISITA Ó ZOO

Que mellor forma de rematar o traballo sobre os animais que cunha saída ó Zoo de Vigo para poder ver de cerca a algúns dos animais que mais nos gustan.
Pasámolo de maravilla todos: un bonito día de sol divertíndonos cos nosos amigos e vendo animais, ¡qué mais se pode pedir!.
Aquí unha mostra delo.

INVITACIÓN Ó TEATRO

A semana pasada os rapaces maiores invitáronnos a disfrutar de varias obras de teatro que representaron para celebrar o final deste curso. Por suposto que aceptamos a invitación e fumos velos ó ximnasio.
Pasámolo moi ben e aplaudimos un montón.







E estes son algúns dos actores.



martes, 9 de junio de 2009

MAIS MASCOTAS

Aínda que non poideron facernos unha visita, coñecemos a outras mascotas grazas as fotos e as cartas que nos enviaron as familias de moitos de nós.




Este é Sultán, o gato de Alejandro


Este outro gatiño é Carla, a de Evelyn


Este can tan grande é Any, a súa dona é Sara.



Os peixes de Carla.


As ras tamén de Evelyn.



As focas que lle gustaron tanto a Aida.


O gatiño de Amalia.


Jana, a cadela de María.


Grazas pola vosa colaboración, pais e nais.

O HAMSTER DE AYELÉN

Esta é Lisa, o hamster de Ayelén.
A súa nai o trouxo para que o coñeceramos e saber un pouco mais sobre este animal.
Non pensabamos que era preciso saber tantas cousas para poder ter un animaliño tan pequeno. O que sentimos foi non poder tocalo porque parece ser que Lisa morde e os seus mordiscos doen moito, así que conformámonos con observalo e ver como daba voltas na súa roda e como se lavaba.
Grazas a nai de Ayelén.



miércoles, 3 de junio de 2009

martes, 2 de junio de 2009

O CAN DE ISABELLA

Este é Lucas, o canciño de Isabella.
Como podedes ver é pequeno pero moi brincadeiro e cariñoso. En canto entrou pola porta non deixou de dar bicos e deixarse acariciar.
A nai de Isabella contounos que só come pienso e que pasa o día detrás delas. O seu xoguete favorito é unha hamburguesa de prástico que lle encanta morder.
Encantounos coñecelo, tocalo e tirarlle a pelota.
Grazas a nai de Isabella.